Tipos de acollemento familiar
As modalidades do acollemento familiar establécense segundo o previsto no el Código Civil e, en razón da vinculación do menor coa familia acolledora, este poderá ter lugar na propia familia extensa do menor o en familia allea.
O acollemento familiar poderá adoptar as seguintes modalidades atendendo a súa duración e obxectivos:
- Acollemento familiar de urxencia, principalmente dirixido os menores de seis anos, terá una duración non superior a seis meses, en tanto se decide a medida de protección familiar que corresponda.
- Acollemento familiar temporal, ben porque da situación do menor se prevexa a reintegración deste na súa propia familia, ou ben en tanto se adopte unha medida de protección que revista un carácter máis estable como no acollemento familiar permanente ou a adopción. Este acollemento terá unha duración máxima de dous años, salvo que o interese superior do menor aconselle a prórroga da medida.
- Acollemento familiar permanente, que se constituirá ben o finalizar o prazo de dous años de acollemento temporal por non ser posible a reintegración familiar, ou ben directamente en casos de menores con necesidades especiais ou cando as circunstancias do menor e a súa familia así o aconsellen.