Estamos desenvolvendo a campaña “Amigos o Acollemento Familiar”. Un chamamento á comunidade educativa coa finalidades de buscar apoios e unir forzas en favor do acollemento familiar.

Por unha banda, queremos dar a coñecer esta medida e achegar á sociedade a realidade de miles de nenos que non poden convivir coas súas familias para promover o acollemento familiar en Galicia.

E, por outra banda, traballar pola integración e apoio de todos os nenos e adolescentes acollidos e as súas familias acolledoras, dando a coñecer o Servizo gratuito de Apoio Integral ó acollemento da entidade.

Por iso preparamos o manifesto Amigos do Acollemento, un acordo de colaboración onde ACOUGO ponse á disposición dos centros educativos para influír e concienciar sobre esta realidade cada vez máis estendida pero aínda descoñecida.

Traballas nun colexio ou formas parte da AMPA e queres apoiar a nosa iniciativa? Contacta con nos!!!

Asociación galega de familias de acollida.
Rúa Manuel María, 6
15705 - Santiago de Compostela
Tel: 616 136 605

EN COLABORACIÓN CON

Dirección Xeral de Familia e dinamización xeográfica

ACOUGO © 2021. Todos os dereitos reservados. Aviso legal.

Este sitio web usa cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies