Formación avanzada
Qué é?
A formación avanzada en materia de acollemento familiar é unha profundización e especialización no sistema de protección á infancia e adolescencia .
Qué se recolle na lei sobre a medida de acollemento? Debe primar ó acollemento familiar sobre o residencial? Cales son os seus beneficios? Cales son os recursos existentes?
Contidos:
BLOQUE 1: MARCO LEGAL, PROVINCIAL E AUTONÓMICO
- Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia
- Lei orgánica 8/2015, de 22 de xullo , de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia e Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia
- Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte a violencia
- Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia
BLOQUE 2: DETECCIÓN E VALORACION DO RISCO
- Detección do risco dende: ámbito social, ámbito educativo, ámbito sanitario, ámbito policial, ámbito xudicial
- Fontes de detección: calquera persoa cidadá testemuña dun maltrato, profesionais que están en contacto coa crianza.
- Xeitos de notificación: folla de notificación específica para cada un dos ámbitos de actuación (3 copias)
BLOQUE 3: PROGRAMAS E RECURSOS DE INTERVENCIÓN EN GALICIA
- Xefaturas territoriais. Familia e menores.
- Equipo de acollemento familiar Cruz Vermella
- Centros de menores da Comunidade Autónoma.
- Aldeas infantiles
- Gabinete de orientación e mediación familiar
- PEF
- PIF
BLOQUE 4: INTERVENCIÓN EN RISCO GRAVE
- Maltrato leve ou moderado e maltrato grave.
- Maltrato emocional por carencia, por exceso, por alteracións.
- Omisión ou descoido por baixa ou nula supervisión, por baixo nivel socioeducativo da crianza ou por situación económica familiar baixa ou precaria.
- Situacións de neglixencia por falta de supervisión, falta de coidados ou falta de seguimento médico.
- Situacións de abandono físico, médico, educativo e emocional.
- Abuso sexual intrafamiliar e extrafamiliar, sen ou con contacto físico.
- Maltrato prenatal por factores ambientais ou factores da nai e a familia.
BLOQUE 5: IGUALDADE DE XÉNERO EN ACOLLEMENTO FAMILIAR E RESIDENCIAL
Dende Acougo consideramos indispensable incluír a perspectiva de xénero dentro do sistema de acollemento familiar, entendendo a través dela como “o masculino” e “o feminino” afectan a cada un dos sistemas que se interelacionan dentro do sistema de acollemento familiar. A partir deste análise poderanse construír accións e intervencións que melloren as relacións, as oportunidades, as emocións, as cargas, etc de cada un dos sistemas.
BLOQUE 6: ENFERMIDADE MENTAL EN INFANCIA E ADOLESCENCIA EN SITUACIÓN DE ACOLLEMENTO
Comezaremos por definir diversos conceptos que son de vital importancia á hora de falar da estabilidade emocional das crianzas acollidas:
- Afectividade: sistema emocional do suxeito en xeral. Provoca sentimentos no interior da persoa que oscilan entre dous polos opostos (amor-desamor, alegría-tristeza, etc)
- Emoción: son estados de resposta que saltan tras unha vivencia.
- Sentimento e emocións
- Afecto
- Xerar sentimentos de pertenza
- Apego
- Compromiso de coidado
- Autoridade
A quen vai dirixido?
Profesionais do eido do social ou vinculados o sistema de protección á infancia e adolescencia e acollemento familiar
Cando?
Formación a demanda para profesionais, entidades ou organizacións, públicas ou privadas, que soliciten esta especialización.
Duración
Duración aproximada de 30 a 50 horas e certificado de asistencia.
Metodoloxía activa e participativa, utilizando dinámicas, casos prácticos, compartindo reflexións e experiencias e co protagonismo das personas participantes.
Adaptación e flexibilidade en función do número de asistentes e/ou características dos destinatarios.
Entrega de material e dosier de contidos.