iso-9001

Incidencia política

Incidencia política

Xunto co traballo de difusión, formación e intervención directa en materia de protección á infancia e adolescencia, e máis especificamente en acollemento familiar, consideramos imprescindible a participación e incidencia política. Para iso o noso equipo elabora, revisa e propón documentos de distinta índole e relevancia no eido lexislativo, executivo e de intervención.

incidencia_politica_1

No noso empeño de visibilizar ás crianzas do sistema de protección e achegar a medida do acollemento familiar á sociedade, planificamos unha serie de actuacións a nivel Local , Comarcal e Provincial, coa intención de unificar criterios e descentralizando o modelo ata agora establecido.

Deste xeito, percorremos os diferentes Concellos e comarcas e Diputacións Provinciais de Galicia  acadando convenios de colaboración, declaracións institucionais ou presentando mocións ,onde se acaden compromisos e actuacións concretas que poñan en valor a medida de acollemento familiar, faciliten o día a día das familias acolledoras e crianzas en acollemento familiar  e fomente a promoción para a súa visibilización e apoio.

Ademais creemos que “a unión fai a forza” e por iso pertencemos á Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia POIG co obxectivo de aportar na mellora do sistema de protección de Infancia e Adolescencia e no desenvolvemento de accións que velen polo seu interese superior, atendendo ó seu dereito de medrar en familia. Así como xerar sinerxias concretas con outras entidades.

incidencia_politica_2
incidencia_politica_3

Coa mesma intención, ACOUGO é membro da Asociación Estatal de Acollemento Familiar ASEAF e traballamos conxuntamente, formando parte da Directiva .

Propulsar e desenvolver políticas Estatais que amparen, apoien e acompañen ás Comunidades Autónomas para dar cumprimento ás leis e que atenda ás necesidades reais dos nenos, nenas e adolescentes do sistema de protección , das familias acolledoras e familias de orixe como protagonistas e suxeitos de dereitos e obrigas, e así garantir o bo funcionamento da mellor medida de Protección da Infancia e adolescencia: “O Acollemento Familiar”.

A transformación social pasa pola implementación de políticas que den forma ás leis, incluso que impulsen novas leis que respondan ás necesidades de tan cambiante realidade. Son as necesidades das persoas as que dan sentido ás leis, por iso tamén somos unha plataforma que apoia ás familias acolledoras na súa comunicación coas Administracións pertinentes para a continua mellora lexislativa.

incidencia_politica_4

Este sitio web usa cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Ir al contenido