Donacións e
outras axudas
As nosas accións sociais non serían posibles sen o voso apoio económico. Tanto empresas como particulares poden colaborar con ACOUGO cunha donación puntual ou cunha donación periódica.
Cóctel BENÉFICO

Unha noite para gozar. Unha oportunidade para marcar a diferenza.
O próximo 5 de agosto, a solidariedade, a música, a gastronomía e o humor daranse cita en Casa Forniños (Cambados) nun evento moi especial organizado por Acougo. Da man do cómico Oswaldo Digón, compartiremos unha velada única na que cada risada e cada participación terán un valor que vai moito máis alá do escenario.
Todo o recadado destinarase aos programas de apoio á infancia e ás familias acolledoras de Galicia, contribuíndo a que máis nenos e nenas poidan crecer nun entorno seguro, estable e cheo de oportunidades.
Porque a solidariedade tamén se constrúe compartindo unha mesa, unha conversa ou un momento de lecer. Porque detrás de cada achega hai historias reais que precisan do compromiso de toda a sociedade.
Reserva a túa entrada ou colabora coa fila cero.
Súmate a esta iniciativa e axúdanos a seguir creando oportunidades para a infancia que máis o necesita.
O 5 de agosto, en Cambados, cada presenza conta. E a túa tamén.
Campañas de crowdfunding solidario
Dende a asociación poñemos en marcha durante o ano diferentes campañas de crowdfunding para promocionar e potenciar a defensa, a sensibilización e a promoción do acollemento familiar, así como apoiar ás familias e aos menores en acollemento.
Aquí podes coñecelas mellor e colaborar.
Outras formas de colaborar
Podes chamarnos por teléfono 622 672 188, ou ben escríbenos a dirección [email protected].


