Programa de Mindfulness e intelixencia emocional para crianzas e familias acolledoras
Dende a nosa misión de apoiar ás familias e ás crianzas en acollemento familiar e residencial achegamos o mindfulness e obradoiros de intelixencia emocional como unha actividade de balde grazas a Diputación de A Coruña en colaboración co centro ARUME por segundo ano consecutivo.
O acollemento familiar é unha experiencia intensa, xa sea pola novidade, a incertidume, e a adaptación á nova situación familiar ou ás necesidades concretas dos nosos nenos e nenas en acollida.
Para esta experiencia intensa, e grazas a colaboración dunha das nosas familias acolledoras experta neste tema, introducimos o mindfulness como unha estratexia para a toma de conciencia das emocións, sensacións e pensamentos derivados desta viaxe que todas as familias compartimos.
Ademais iniciamos obradoiros de intelixencia emocional para as crianzas en acollemento residencial co obxetivo de introducir estratexias para a toma de conciencia e a xestión emocional asi como, xerar un espazo de apoio grupal.
A través de catro sesións de mindfulness e intelixencia emocional conectaremos con nós [email protected], co noso corpo, a nosa cabeza e o noso corazón, e aprenderemos as ferramentas para empregar sempre que sexa necesario.
Eres unha familia acolledora ou un centro residencial [email protected] en participar destas actividades de mindfulness e intelixencia emocional? Ponte en contacto con nos!!!