iso-9001

Política de calidade

Política de calidade

Na ASOCIACIÓN GALEGA DE FAMILIAS DE ACOLLIDA ACOUGO facemos do cumprimento dos requisitos e expectativas das persoas  asociadas, usuarias, colaboradoras e sociedade galega a nosa máxima prioridade.

Coa finalidade de protexer á infancia e adolescencia en Galicia, a Asociación traballa para fomentar o acollemento, axudar ás familias acolledoras na súa formación ou na atención das súas necesidades, e facilitar axuda e asesoramento técnico e xurídico ás diferentes Administracións para mellorar a calidade de vida de nenos, nenas e xoves. Ao implantar un sistema de Sistema de Xestión de Calidade, acorde coa Norma UNE-EN ISO 9001:2015 pretendemos dar un paso máis no crecemento da nosa organización.

Consideramos pilares básicos na xestión da nosa organización os seguintes compromisos:

  • A nosa actuación estará sempre orientada cara a satisfacción das expectativas e necesidades das nosas partes interesadas, traballando cada día na satisfacción das persoas asociadas, usuarias e colaboradoras en xeral, e garantindo o cumprimento dos requisitos legais, contractuais e o noso compromiso adquirido coa nosa sociedade..
  • Tódolos membros da Asociación consideramos a calidade como un elemento esencial no traballo desenvolvido, integrando a mellora continua como elemento para ofrecer un servizo de mellor calidade.
  • A Dirección proporcionará os medios e recursos precisos para levar a cabo o cumprimento dos requisitos establecidos coas persoas clientes, administracións, colaboradoras, traballadoras e provedores.
  • A organización traballará para coñecer o contexto no que se enmarca a actividade, analizando os factores internos e externos, realizando unha análise de riscos e oportunidades que serán tidos en conta á hora de aborda-la planificación estratéxica, e establecendo medidas que garantan a mellora continua nos nosos servizos.

A presente Política de Calidade representa a base sobre a que se sustentan as cimentacións da calidade na Asociación Galega de familias de Acollida ACOUGO.

En Santiago de Compostela, a 15 de xaneiro de 2022

Este sitio web usa cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Ir al contenido