iso-9001

Formación avanzada

Formación avanzada

Qué é?

A formación avanzada en materia de acollemento familiar é unha profundización e especialización no sistema de protección á infancia e adolescencia .

Qué se recolle na lei sobre a medida de acollemento? Debe primar ó acollemento familiar sobre o residencial? Cales son os seus beneficios?  Cales son os recursos existentes?

Contidos:

BLOQUE 1: MARCO LEGAL, PROVINCIAL E AUTONÓMICO
  • Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia
  • Lei orgánica 8/2015, de 22 de xullo , de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia e Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia
  • Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte a violencia
  • Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia
BLOQUE 2: DETECCIÓN E VALORACION DO RISCO
  • Detección do risco dende: ámbito social, ámbito educativo, ámbito sanitario, ámbito policial, ámbito xudicial
  • Fontes de detección: calquera persoa cidadá testemuña dun maltrato, profesionais que están en contacto coa crianza.
  • Xeitos de notificación: folla de notificación específica para cada un dos ámbitos de actuación (3 copias)
BLOQUE 3: PROGRAMAS E RECURSOS DE INTERVENCIÓN EN GALICIA
  • Xefaturas territoriais. Familia e menores.
  • Equipo de acollemento familiar Cruz Vermella
  • Centros de menores da Comunidade Autónoma.
  • Aldeas infantiles
  • Gabinete de orientación e mediación familiar
  • PEF
  • PIF
BLOQUE 4: INTERVENCIÓN EN RISCO GRAVE
  • Maltrato leve ou moderado e maltrato grave.
  • Maltrato emocional por carencia, por exceso, por alteracións.
  • Omisión ou descoido por baixa ou nula supervisión, por baixo nivel socioeducativo da crianza ou por situación económica familiar baixa ou precaria.
  • Situacións de neglixencia por falta de supervisión, falta de coidados ou falta de seguimento médico.
  • Situacións de abandono físico, médico, educativo e emocional.
  • Abuso sexual intrafamiliar e extrafamiliar, sen ou con contacto físico.
  • Maltrato prenatal por factores ambientais ou factores da nai e a familia.
BLOQUE 5: IGUALDADE DE XÉNERO EN ACOLLEMENTO FAMILIAR E RESIDENCIAL

Dende Acougo consideramos indispensable incluír a perspectiva de xénero dentro do sistema de acollemento familiar, entendendo a través dela como “o masculino” e “o feminino” afectan a cada un dos sistemas que se interelacionan dentro do sistema de acollemento familiar. A partir deste análise poderanse construír accións e intervencións que melloren as relacións, as oportunidades, as emocións, as cargas, etc de cada un dos sistemas.

BLOQUE 6: ENFERMIDADE MENTAL EN INFANCIA E ADOLESCENCIA EN SITUACIÓN DE ACOLLEMENTO

Comezaremos por definir diversos conceptos que son de vital importancia á hora de falar da estabilidade emocional das crianzas acollidas:

  • Afectividade: sistema emocional do suxeito en xeral. Provoca sentimentos no interior da persoa que oscilan entre dous polos opostos (amor-desamor, alegría-tristeza, etc)
  • Emoción: son estados de resposta que saltan tras unha vivencia.
  • Sentimento e emocións
  • Afecto
  • Xerar sentimentos de pertenza
  • Apego
  • Compromiso de coidado
  • Autoridade

A quen vai dirixido?

Profesionais do eido do social ou vinculados o sistema de protección á infancia e adolescencia e acollemento familiar

Cando?

Formación a demanda para profesionais,  entidades ou organizacións, públicas ou privadas, que soliciten esta especialización.

Duración

Duración aproximada de 30 a 50 horas e certificado de asistencia.

Metodoloxía activa e participativa, utilizando dinámicas, casos prácticos, compartindo reflexións e experiencias e co protagonismo das personas participantes.

Adaptación e flexibilidade en función do número de asistentes e/ou características dos destinatarios.

Entrega de material e dosier de contidos.

Este sitio web usa cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Ir al contenido