Formación Intermedia

Que é?
Unha formación para coñecer o sistema de protección á infancia e á adolescencia, centrada no acollemento familiar como recurso de protección.
Contidos:
- Conceptos teóricos e organigrama que constitúen o marco do sistema de protección á infancia e adolescencia.
- Lexislación no acollemento familiar.
- Programas de acollemento familiar e programas de apoio ao acollemento familiar en Galicia.
- Fortalezas e necesidades do sistema de protección de infancia e adolescencia.
- Detección e valoración do risco e o desamparo.
- Vínculo, apego e resiliencia. Necesidades das NNA do sistema de protección de infancia e adolescencia.
- Necesidades dos NNA do sistema de protección de infancia e as súas familias.
A quen vai dirixido?
Persoas interesadas en coñecer o acollemento familiar, e profesionais do eido social e educativo.
Cando?
Formación a demanda, adaptada ás necesidades dos organismos e persoas solicitantes.
Duración
Duración aproximada de 6 horas.
Metodoloxía activa e participativa, compartindo reflexións e experiencias e co protagonismo das personas participantes.
Adaptación e flexibilidade en función do número de asistentes e as necesidades dos organismos solicitantes.


