Donacións e
outras axudas
As nosas accións sociais non serían posibles sen o voso apoio económico. Tanto empresas como particulares poden colaborar con ACOUGO cunha donación puntual ou cunha donación periódica.
Fogar e Acougo: O que toda infancia merece
A Asociación ACOUGO, comprometida coa defensa dos dereitos da infancia e adolescencia no sistema de protección, comprácese en anunciar o inicio da gala solidaria o xoves 21 de novembro ás 20.30. Este evento, realizado coa colaboración de Makkan, servirá como plataforma de lanzamento para unha nobre causa.
Campañas de crowdfunding solidario
Dende a asociación poñemos en marcha durante o ano diferentes campañas de crowdfunding para promocionar e potenciar a defensa, a sensibilización e a promoción do acollemento familiar, así como apoiar ás familias e aos menores en acollemento.
Aquí podes coñecelas mellor e colaborar.
Outras formas de colaborar
Podes chamarnos por teléfono 622 672 188, ou ben escríbenos a dirección info@acougo.gal.