iso-9001

Donativos

Fai un donativo

Dende ACOUGO queremos animar a ser partícipes de xeito moi activo en materia de acollemento… unhas familias acollendo e adicando o seu tempo e cariño a nen@s que o precisan, e outras persoas, ou familias, nas que de momento non se dan as circunstancias adecuadas para acoller, pódese prestar unha axuda de incalculable valor, aportando un doativo, que sumado a outros, fan posible un gran traballo en equipo!!

O impacto do teu apoio en 2025
    • 👧👦 1.089 nenos e nenas sensibilizados en centros educativos
    • 📚 181 nenos e nenas en talleres de lectura sobre acollemento
    • ℹ️ 168 persoas informadas nos puntos Recuncho solidario
    • 👨‍👩‍👧‍👦 98 familias participantes en charlas e xuntanzas
    • 🎓 386 persoas formadas en centros de FP
    • 🤝 68 familias acolledoras acompañadas
    • ⏱️ +1.200 horas de canguraxe para facilitar a conciliación

A Asociación Galega de Familias de Acollida xa forma parte das ONG incluídas en Bizum. Dende a túa app bancaria na que teñas Bizum activo podes seleccionar a opción de enviar un donativo co número de identificación de ACOUGO:

04681

Podedes colaborar cun donativo no seguinte número de conta de Fiare Banca Ética:

ES38 1550 0001 2700 1646 4323

Podedes colaborar cun donativo no seguinte número de conta de Banco Santander:

ES53 0049 7758 1822 1002 7921

Os donativos ou doazóns que poden ser deducidos na declaración da renda son aqueles realizados a fundacións, asociacións declaradas de utilidade pública e organizacións non gobernamentais, sempre que estean inscritas no Rexistro de Entidades sen Fins Lucrativos e cumpran coa Lei 49/2002.

As deducións fiscais varían en función do importe doado e da continuidade da colaboración coa mesma entidade:

  • 80 % de dedución para os primeiros 250 € doados.
  • Para o importe que supere esa cantidade, aplícase unha dedución do 40 %.

Esta dedución increméntase ata o 45 % se a doazón se realiza á mesma entidade durante tres anos consecutivos, polo mesmo ou maior importe. Estas deducións teñen como límite o 15 % da base liquidable do IRPF.

O obxectivo destas vantaxes fiscais é facilitar as doazóns recorrentes e recoñecer o compromiso das persoas doantes co labor social das entidades.

Cada ano fiscal farémosche chegar un certificado co detalle das túas achegas económicas, para que poidas incorporalo á túa declaración da renda e beneficiarte destas deducións.

Ir al contenido