Asesoramento, información
e apoio a xestión
O acollemento familiar é unha medida de protección que se aplica a aqueles nenos, nenas e adolescentes que, por distintas circunstancias, foron separados das súas familias biolóxicas durante un tempo, o non poder ser coidados por elas adecuadamente.
A Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección a infancia e a adolescencia modifica no seu artigo segundo o Código Civil recollendo no artigo 172 a prioridade do acollemento familiar respecto ó residencial.
O acollemento significa outorgala garda do menor a unha persoa ou familia que asume as obrigacións que leva dita figura, segundo o artigo 173 de Código Civil “O acollemento familiar produce a plena participación do menor na vida de familia e impón a quen o recibe as obrigacións de velar por el, telo na súa compañía, alimentalo, educalo e procurarlle unha formación integral nun entorno afectivo. No caso de menor con discapacidade, deberá continuar cos apoios especializados que viñera recibindo ou adoptar outros mais acordes as súas necesidades.”
As modalidades do acollemento familiar establécense segundo o previsto no el Código Civil e, en razón da vinculación do menor coa familia acolledora, este poderá ter lugar na propia familia extensa do menor o en familia allea.
O acollemento familiar poderá adoptar as seguintes modalidades atendendo a súa duración e obxectivos:
- Acollemento familiar de urxencia, principalmente dirixido os menores de seis anos, terá una duración non superior a seis meses, en tanto se decide a medida de protección familiar que corresponda.
- Acollemento familiar temporal, ben porque da situación do menor se prevexa a reintegración deste na súa propia familia, ou ben en tanto se adopte unha medida de protección que revista un carácter máis estable como no acollemento familiar permanente ou a adopción. Este acollemento terá unha duración máxima de dous años, salvo que o interese superior do menor aconselle a prórroga da medida.
- Acollemento familiar permanente, que se constituirá ben o finalizar o prazo de dous años de acollemento temporal por non ser posible a reintegración familiar, ou ben directamente en casos de menores con necesidades especiais ou cando as circunstancias do menor e a súa familia así o aconsellen.
- Web de referencia de Cruz Vermella: www.acollementofamiliar.org
- Unidad de protección do menor: Servizo de protección de Menores
- Correo electrónico: proteccionmenores@xunta.gal
Enlaces de interese
Datos
de interese
Estatísticas
Se queres saber máis sobre os datos publicados, relativos o sistema de protección de menores en Galicia, podes consultalos no seguinte enlace.
Lexislación
Se queres saber máis sobre a normativa existente no eido internacional, estatal e autonómico, podes consultalos no seguinte enlace.
¿Queres saber máis?
Se tes algunha dúbida ou precisas axuda, podes contactar ca asociación no 622 672 188 ou ben enviarnos un correo a través da páxina de contacto.