Formación inicial
Qué é?
A formación inicial en materia de acollemento familiar é unha primeira aproximación ó sistema de protección á infancia e adolescencia e un achegamento o acollemento familiar.
Escoitaste falar desta realidade? Queres visibilizar os miles de nenos e nenas que teñen que vivir en centros de menores?
Xerando cultura de acollemento…
Contidos:
- Conceptos teóricos e organigrama que permitan entender o marco do sistema de protección á infancia e adolescencia
- Lexislación no acollemento familiar
- Axentes de referencia no acollemento familiar
- Dereitos e deberes das familias acolledoras
- Tipos de acollemento
- Información, orientación e asesoramento
- Servizo de apoio integral ao acollemento
- Detección, información e integración
- Proceso de acollemento
- Que podemos facer dende Servizos Sociais, ámbito educativo, ámbito sanitario e a sociedade en xeral.
A quen vai dirixido?
A todas as persoas e familias con inquedanzas e gañas de coñecer
Cando?
Poñemonos á disposición dos concellos, dos centros educativos ou entidades que queiran solicitar e difundir a formación no seu ámbito de actuación.
Duración
Duración aproximada de 4 horas e certificado de asistencia.
Metodoloxía activa e participativa, utilizando unha dinámica e co protagonismo das personas participantes.
Adaptación e flexibilidade en función do número de asistentes e/ou características dos destinatarios.