iso-9001

Corresponsabilidade

Corresponsables


No ano 2023 Acougo firma coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade un convenio no que se inclúen as seguintes actuacións:

  1. Conciliación e respiros familiares.
  2. Formación en corresponsabilidade.
  3. Sensibilización en conciliación e corresponsabilidade.

Estas actuacións lévanse a cabo por que se detectan carencias e necesidades sobre conciliación e corresponsabilidade que afectan nomeadamente a familias acolledoras, tanto en extensa como en allea, familias de orixe, e por suposto; nenas, nenos e adolescentes institucionalizad@s, para os que unha medida, en principio, temporal, en moitísimos casos se torna permanente, e pasan toda a súa infancia, ou parte dela e parte da adolescencia (ate a maioríoa de idade), en centros de menores ou familias de acollida.

Queremos a través desta actividade realizar unha xornada de encontro e formación de familias, con actividades para todas as idades e formación específica para persoas adultas sobre corresponsabilidade nas familias.

Actividades

Ir al contenido