iso-9001

Formación intermedia

Formación Intermedia

Que é?

Unha formación para coñecer o sistema de protección á infancia e á adolescencia, centrada no acollemento familiar como recurso de protección.

Contidos:

  • Conceptos teóricos e organigrama que constitúen o marco do sistema de protección á infancia e adolescencia.
  • Lexislación no acollemento familiar.
  • Programas de acollemento familiar e programas de apoio ao acollemento familiar en Galicia.
  • Fortalezas e necesidades do sistema de protección de infancia e adolescencia.
  • Detección e valoración do risco e o desamparo.
  • Vínculo, apego e resiliencia. Necesidades das NNA do sistema de protección de infancia e adolescencia.
  • Necesidades dos NNA do sistema de protección de infancia e as súas familias.

A quen vai dirixido?

Persoas interesadas en coñecer o acollemento familiar, e profesionais do eido social e educativo.

Cando?

Formación a demanda, adaptada ás necesidades dos organismos e persoas solicitantes.

Duración

Duración aproximada de 6 horas.

Metodoloxía activa e participativa, compartindo reflexións e experiencias e co protagonismo das personas participantes.

Adaptación e flexibilidade en función do número de asistentes e as necesidades dos organismos solicitantes.