A Asociación
“Acougo, unha asociación de familias acolledoras para as propias familias que queren acoller ou están acollendo. Formada por profesionais especializados en materia de acollemento e coa sensibilidade que precisamos”
Acougo nace da man das familias acolledoras de Galicia que, tras anos acollendo nenos e nenas do sistema de protección, démonos de conta da necesidade de asociarnos.
En moitos momentos sentímonos soas, sen apoios ante unha realidade sensible e vulnerable como é á infancia e a adolescencia. Trámites, xestións, descoñecemento…
Como familias acolledoras temos uns deberes pero tamén uns dereitos: dereito á información, dereito a ser escoitadas e dereito a dispoñer dos recursos necesarios para o benestar dos nenos e nenas acollidos.
Por iso, decidimos xerar unha verdadeira rede de apoio e sensibilización que apoie e impulse o acollemento familiar velando, por riba de todo, polos dereitos dos nenos e nenas do sistema de protección.
Axuda a difundir
ACOUGO
A túa axuda é necesaria para o funcionamento desta Asociación. Inda que a aportación económica é importante, hay moitas outras formas de axudarnos neste proxecto. Necesitamos contar con persoas que apoien a nosa causa, nos aporten novas ideas e fagan chegar a web a cantos máis mellor.