iso-9001

CBM Oleiros

CBM Oleiros

En ACOUGO seguimos tecendo redes de colaboración que nos axudan a acompañar, apoiar e dar novas oportunidades aos nenos, nenas e adolescentes que forman parte do sistema de protección.

Neste camiño, asinamos un convenio de colaboración co Clube de Baloncesto Montrove Oleiros (A Coruña), unha entidade comprometida coa educación a través do deporte.

O obxectivo é impulsar valores sociais como a inclusión, o traballo en equipo, o respecto e o desenvolvemento persoal, ofrecendo espazos onde cada rapaz e rapaza poida medrar sentíndose parte dun grupo, aprendendo e gozando ao mesmo tempo.

Este acordo representa un paso máis na creación de redes e oportunidades que fortalecen a nosa comunidade e axudan a que cada neno e nena poida acadar o seu máximo potencial.

🏀✨ Porque cando o deporte e a solidariedade se unen, gañamos todos e todas.