Política de calidade
Na ASOCIACIÓN GALEGA DE FAMILIAS DE ACOLLIDA ACOUGO facemos do cumprimento dos requisitos e expectativas das persoas asociadas, usuarias, colaboradoras e sociedade galega a nosa máxima prioridade.
Coa finalidade de protexer á infancia e adolescencia en Galicia, a Asociación traballa para fomentar o acollemento, axudar ás familias acolledoras na súa formación ou na atención das súas necesidades, e facilitar axuda e asesoramento técnico e xurídico ás diferentes Administracións para mellorar a calidade de vida de nenos, nenas e xoves. Ao implantar un sistema de Sistema de Xestión de Calidade, acorde coa Norma UNE-EN ISO 9001:2015 pretendemos dar un paso máis no crecemento da nosa organización.
Consideramos pilares básicos na xestión da nosa organización os seguintes compromisos:
- A nosa actuación estará sempre orientada cara a satisfacción das expectativas e necesidades das nosas partes interesadas, traballando cada día na satisfacción das persoas asociadas, usuarias e colaboradoras en xeral, e garantindo o cumprimento dos requisitos legais, contractuais e o noso compromiso adquirido coa nosa sociedade..
- Tódolos membros da Asociación consideramos a calidade como un elemento esencial no traballo desenvolvido, integrando a mellora continua como elemento para ofrecer un servizo de mellor calidade.
- A Dirección proporcionará os medios e recursos precisos para levar a cabo o cumprimento dos requisitos establecidos coas persoas clientes, administracións, colaboradoras, traballadoras e provedores.
- A organización traballará para coñecer o contexto no que se enmarca a actividade, analizando os factores internos e externos, realizando unha análise de riscos e oportunidades que serán tidos en conta á hora de aborda-la planificación estratéxica, e establecendo medidas que garantan a mellora continua nos nosos servizos.
A presente Política de Calidade representa a base sobre a que se sustentan as cimentacións da calidade na Asociación Galega de familias de Acollida ACOUGO.
En Santiago de Compostela, a 15 de xaneiro de 2022