MAR 122025 |
Mér 17:00 Lugar: Espazo Amizar. A Coruña Organiza: ACOUGO, Facultade de Fisioterapia (UDC) |

Charla informativa sobre fisioterapia e catarro común na infancia, dirixida a familias e persoas coidadoras interesadas en coñecer máis sobre como acompañar de forma eficaz os procesos respiratorios nos máis pequenos.
Durante esta primeira sesión, afondaremos especialmente nas diferencias anatómicas do sistema respiratorio infantil e nas súas implicacións nas infeccións respiratorias e no catarro común. Comprender como funciona o corpo dos nenos e nenas nesta etapa é clave para interpretar os síntomas e aplicar un manexo básico e adecuado no fogar.
A fisioterapia respiratoria pode ser unha aliada importante no benestar da infancia, e esta charla busca ofrecer recursos útiles, claros e accesibles para as familias.