Todo nen@ merece
unha familia.
A Asociación Galega de Familias de Acollida, ACOUGO, nace das necesidades dun grupo de familias que queremos involucrarnos en maior medida na defensa dos dereitos das persoas menores de idade que están no sistema de protección público. Por isto acordamos asociarnos e así establecer un marco organizado e formal para colaborar e apoiar a Administración e a outras entidades integrantes no sistema formal que traballa en prol dos menores. Todas e cada unha das partes integrantes neste sistema son necesarias para velar polos dereitos e intereses das persoas en xeral, e das máis vulnerables, en particular (incluíndo as familias de orixe). .
Situación do acollemento familiar
O acollemento familiar segue sendo
un asunto pendente.
Colabora para
facelo posible
A túa axuda é moi valiosa, é o que nos permite seguir traballando para mellorar e cambiar a vida de moitos nenos. O teu apoio a nosa labor diaria fai posible que sigamos avanzando na loita por defender os dereitos dos menores en situación de acollida.
A crise actual está afectando seriamente as entidades sen ánimo de lucro e máis que nunca necesitámolo apoio da nosa base social para facer posible que ACOUGO se difunda.
As accións sociais que levamos a cabo dende a asociación non serían posibles sen o apoio humano e económico dos nosos socios e voluntarios.