AGO

16

2026

Dom 10:00h
Lugar: Praia da Madalena. Cabanas (A Coruña).


O 16 de agosto ás 10 da mañá, o nadador Peio Ormazabal realizará un percorrido a nado de 16 quilómetros desde A Marola ata a praia da Madalena, arrastrando en todo momento un kaiak no que irán, por quendas, dous nenos ou nenas do sistema de protección.

Este reto busca aproveitar o altofalante do deporte para falar dos nenos, nenas e adolescentes do sistema de protección, dos seus dereitos e das súas necesidades, así como recadar fondos para que ACOUGO (Asociación Galega de Familias de Acollida) poida seguir traballando de forma activa con estes nenos, nenas e adolescentes.

Desde www.migranodearena.org podedes facer unha donación para achegarnos al reto dos 5.000 euros!