DIC 142021 |
Mar 19:00 - 20:30 Organiza: Acougo e Concello de Vilagarcía Auditorio Municipal - Sala de Conferencias |
O vindeiro mércores 14 de decembro, dentro dun convenio de colaboración que se vai establecer entre o Concello de Vilagarcía e a Asociación Galega de Familias de Acollida, ACOUGO, terá lugar a charla CONTIGO FLORECE, XERANDO CULTURA DE ACOLLEMENTO, coa intención de dar formación e difusión sobre o sistema de protección de menores e concretamente, das familias de acollida, polo que animamos a veciñanza a asistir para informarse sobre esta medida tan descoñecida.
Búscase achegarlle á sociedade a realidade das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección e dar a coñecer o acollemento familiar.
O coloquio está aberto a toda a cidadanía en xeral e transcorrerá na Sala de conferencias do Auditorio Municipal o 14 DE DECEMBRO AS 19:00 HORAS.
Seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19, polo cal resulta preciso anotarse previamente a través do teléfono de contacto da asociación 622 672 188, enviando un correo a info@acougo.gal ou cumprimentando o formulario de inscrición.