MAR 202025 |
Xov 17:30 Lugar: Ribeira Sacra 9. Novo Mesoiro |

O vindeiro 20 de marzo terá lugar unha charla sobre o acollemento familiar, promovida pola entidade Por qué non?, co obxectivo de achegar esta realidade á cidadanía e dar visibilidade á importancia de ofrecer un fogar e un entorno afectivo a nenos, nenas e adolescentes que o precisan.
Nesta sesión falaremos sobre que é o acollemento, quen pode acoller, os distintos tipos que existen e o papel fundamental das familias acolledoras dentro do sistema de protección.
Un encontro para informar, sensibilizar e espertar vocacións acolledoras nunha sociedade que precisa máis que nunca compromiso, empatía e coidado mutuo.