iso-9001

Donativos

Fai un donativo

Dende ACOUGO queremos animar a ser partícipes de xeito moi activo en materia de acollemento… unhas familias acollendo e adicando o seu tempo e cariño a nen@s que o precisan, e outras persoas, ou familias, nas que de momento non se dan as circunstancias adecuadas para acoller, pódese prestar unha axuda de incalculable valor, aportando un doativo, que sumado a outros, fan posible un gran traballo en equipo!!

A Asociación Galega de Familias de Acollida xa forma parte das ONG incluídas en Bizum. Dende a túa app bancaria na que teñas Bizum activo podes seleccionar a opción de enviar un donativo co número de identificación de ACOUGO:

04681

Podedes colaborar cun donativo no seguinte número de conta de ABANCA:

ES29 2080 0300 8430 4559 0119

Os donativos ou doazóns que poden ser deducidas da nosa declaración da renda son aquelas destinadas ás fundacións e asociacións de utilidade pública e as organizacións non gobernamentais. Estas entidades teñen que estar inscritas dentro do rexistro entidades fins lucrativos e cumprir coa Lei 49/2002.

As contías destas desgravacións varían segundo o importe e o tempo que levamos doando á mesma organización. Así é que se aplica un 80% para os primeiros 150€. En caso de superar esta cantidade, ao diñeiro extras achegado aplícaselle unha dedución do 35%, podendo ser do 40% se levamos máis de dous anos achegando á mesma organización.

Estas desgravacións teñen o límite fixado no 10% da base liquidable do IRPF. O obxectivo destas desgravacións sobre estes donativos é facilitar as doazóns recorrentes e premiar o compromiso dos doantes coa entidade.

Con cada ano fiscal farémosche chegar un documento con todas as túas achegas económicas para poder presentalo na túa declaración da renda e beneficiarte desta desgravacións.

Ir al contenido