iso-9001

Voluntariado

Queres ser voluntari@?

O tempo… ese ben tan escaso hoxe en día. Non sempre é doado atopar un oco na nosa axenda para dedicárllo aos demais. Levamos vidas cheas de responsabilidades, compromisos e presas, e moitas veces pensamos que non dispoñemos desas “horiñas libres” que farían posible botar unha man.

Tamén é habitual que xurdan dúbidas:

  • 👉 “E eu, que podo aportar?”
  • 👉 “Serei realmente útil?”

A resposta é clara: sempre, sempre, sempre hai algo valioso en ti que pode marcar a diferenza na vida doutra persoa. Pode ser unha habilidade profesional, un coñecemento adquirido nos teus estudos, unha experiencia persoal ou simplemente unha actitude positiva e ganas de acompañar. O voluntariado non require ser “perfecto”, só require presenza, corazón e compromiso.

En ACOUGO traballamos para crear redes de apoio arredor das familias acolledoras, das crianzas e da comunidade. Dentro das nosas liñas de actuación existen moitas formas de participar:

  • Apoio en actividades lúdicas e de tempo libre para nenos e nenas.
  • Colaboración en tarefas de comunicación, difusión e sensibilización.
  • Acompañamento a familias acolledoras en diferentes etapas do proceso.
  • Participación en accións formativas e informativas.
  • A túa proposta persoal! Se tes unha idea ou talento que queres compartir, escoitámoste.

Non importa canto tempo poidas ofrecer: cada xesto suma e multiplica. O teu compromiso, grande ou pequeno, axuda a construír un entorno máis acolledor, solidario e humano.

Se queres dar o paso e formar parte desta rede, contacta connosco. Xuntas e xuntos, podemos facer cousas grandes.

Ou cobre o noso formulario aquí para recibir mais información.

Ir al contenido