NOV

20

2025


Lugar: Galicia


En que consiste?

O Día do Pixama celébrase nalgúns países europeos, como Irlanda ou Portugal, para promover o dereito dos nenos e nenas a medrar nunha familia. No noso país celébrase dende o ano 2016, cando desde a Asociación Estatal de Acollemiento Familiar (ASEAF) o introducimos nalgúns colexios e, dende entón, esta iniciativa non deixou de medrar.

A actividade lévase a cabo naqueles centros educativos (públicos, concertados ou privados) que así o desexen, e o único requisito é acudir á aula en pixama.

Que día se celebra?

Celébrase o 20 de novembro, coincidindo co Día Internacional dos Dereitos da Infancia. Ese día créase un ambiente lúdico e educativo que permite abordar o tema do acollemento familiar dun xeito próximo e comprensible.

O principal obxectivo é fomentar unha cultura do acollemento familiar entre os máis novos.

Nesa xornada, os nenos e nenas convértense nos verdadeiros protagonistas desta acción, que tamén busca visibilizar aos máis de 17.000 nenos e nenas que viven en centros de acollida no noso país.

Que se celebra?

Con esta acción, os máis pequenos normalizan ás familias de acollida como un modelo máis de familia, xa que, por desgraza, seguen a ser as grandes descoñecidas. Trátase tamén do cumprimento do dereito a medrar en familia de todos os nenos, nenas e adolescentes.

Por que o pixama?

Porque simboliza o momento máis fogareño do día: a conversa sosegada, o conto e o bico de boas noites arroupado pola seguridade dunha familia.

Como adherirse?

Inscribe AQUÍ ao teu colexio ou envía un correo a aseaf@aseaf.com,

natalia.gomez@acougo.gal amosando o interese do teu centro en sumarse a esta iniciativa.

Dende ASEAF e ACOUGO enviarémosvos materiais educativos por franxas de idade. O profesorado poderá realizar ese día actividades relacionadas cos dereitos dos nenos e das nenas a través de contos, obradoiros, filmes e/ou xogos que expliquen que significa ser familia de acollida.

ACOUGO en ASEAF?

·        ASEAF é a unión de asociacións de familias de acollida de toda España, ACOUGO entre elas.

·        Representamos máis de 2.000 familias de acollida.

·        Realizamos campañas de visibilización e captación de familias.

·        Colaboramos coas administracións en prol da infancia máis vulnerable.

Inscríbete de balde en: https://aseaf.org/diadelpijama/

Así poderemos facerche chegar todo o material necesario.

Se o voso centro desexa que vaiamos dar unha charla ou realicemos algunha actividade nas semanas arredor desa data, podedes poñervos en contacto connosco no mail: natalia.gomez@acougo.gal para concretar a proposta e coordinar a visita.

Estaremos encantadas de colaborar e adaptar a actividade ás necesidades do centro.

Para máis información, podes contactar connosco neste correo natalia.gomez@acougo.gal

Ir al contenido