A conselleira Fabiola García reforzou o compromiso da Xunta de Galicia de situar o acollemento familiar como eixo principal do sistema de protección da infancia e adolescencia e destacou que Galicia é a segunda comunidade con mellores cifras de acollemento familiar en España, con máis do 60 % dos menores protexidos en fogares familiares.
