iso-9001

Acollendo o acollemento

Manifesto
Acollendo o acollemento

Na nosa misión de achegar o acollemento familiar á sociedade e xerar cultura de acollemento buscamos unir forzas para traballar conxuntamente cos diferentes axentes sociais implicado na comunidade educativa para a integración e o apoio de todos os nenos, nenas e adolescentes acollidos e as súas familias acolledoras.

Deste xeito, elaboramos o manifesto de “Acollendo o acollemento”, un acordo de colaboración onde a Asociación Acougo póñese a disposición dos centros educativos para incidir e sensibilizar na realidade, cada vez máis estendida pero aínda descoñecida, que é o acollemento familiar.

Falando do acollemento, ofrecendo o nosos servizo de balde de apoio especializado en materia de protección, sensibilizando a través de charlas, actividades, xornadas e todo o que sexa necesario para incidir nesta realidade e xerar cultura de acollemento.

Xuntos podemos!!!

Axúdasnos a levar esta campaña a túa escola, AMPA, colexio ou instituto? Queres saber mais do manifesto “Acollendo o acollemento”? Contacta con nos!!!

Ir al contenido