iso-9001

Formación inicial

Formación inicial


Qué é?

A formación inicial en materia de acollemento familiar é unha primeira aproximación ó sistema de protección á infancia e adolescencia e un achegamento o acollemento familiar.

Escoitaste falar desta realidade? Queres visibilizar os miles de nenos e nenas que teñen que vivir en centros de menores?

Xerando cultura de acollemento…

Contidos:

  • Conceptos teóricos e organigrama que permitan entender o marco do sistema de protección á infancia e adolescencia
  • Lexislación no acollemento familiar
  • Axentes de referencia no acollemento familiar
  • Dereitos e deberes das familias acolledoras
  • Tipos de acollemento
  • Información, orientación e asesoramento
  • Servizo de apoio integral ao acollemento
  • Detección, información e integración
  • Proceso de acollemento
  • Que podemos facer dende Servizos Sociais, ámbito educativo, ámbito sanitario e a sociedade en xeral.

A quen vai dirixido?

A todas as persoas e familias con inquedanzas e gañas de coñecer

Cando?

Poñemonos á disposición dos concellos, dos centros educativos ou entidades que queiran solicitar e difundir a formación no seu ámbito de actuación.

Duración

Duración aproximada de 4 horas e certificado de asistencia.

Metodoloxía activa e participativa, utilizando unha dinámica e co protagonismo das personas participantes.

Adaptación e flexibilidade en función do número de asistentes e/ou características dos destinatarios.

Este sitio web usa cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Ir al contenido