Programa de Mindfulness e intelixencia emocional para crianzas e familias acolledoras
Dende a nosa misión de apoiar ás familias e ás crianzas en acollemento familiar e residencial, achegamos o mindfulness e obradoiros de intelixencia emocional como unha actividade de balde, grazas a cofinanciación da Deputación de A Coruña.
O acollemento familiar é unha experiencia intensa, xa sea pola novidade, a incertidume, ou a adaptación á nova situación familiar ou ás necesidades concretas dos nosos nenos e nenas en acollida.
Para esta experiencia intensa, introducimos o mindfulness como unha estratexia para a toma de conciencia das emocións, sensacións e pensamentos derivados desta viaxe que todas as familias compartimos.
Ademáis, iniciamos obradoiros de intelixencia emocional para as crianzas en acollemento residencial, co obxetivo de introducir estratexias para a toma de conciencia e a xestión emocional, asi como xerar un espazo de apoio grupal.
A través de sesións de mindfulness e intelixencia emocional conectaremos con nós mesm@s, co noso corpo, a nosa cabeza e o noso corazón, e aprenderemos as ferramentas para empregar sempre que sexa necesario.
Es unha familia acolledora ou un centro residencial interesad@ en participar destas actividades de mindfulness e intelixencia emocional? Ponte en contacto con nós!!!