Apoio e acompañamento
ó acollemento
O proceso de acollemento familiar é un reto. Os nenos e nenas viviron historias dolorosas e o seu sufrimento tradúcese en comportamentos que, en ocasións, son complexos de entender e manexar e, ás veces, non sabemos xestionar ou nos sentimos desbordadas…
Cando falamos de acollemento familiar, falamos dun proceso de axuste e reaxuste constante como pasa en calquera familia pero no acollemento familiar este proceso pode ser moi diferente ó que coñecemos.
Pode ser que no teu primeiro acollemento, a información e a formación recibida non se adecúe ou esquecese cando comeza a convivencia. Xorden dúbidas, inseguridades, cuestionamentos sobre o “bo ou mal facer”…
É na familia onde os nenos e nenas comezan a aprender a relacionarse, a expresarse, regularse e a construír a imaxe de quén son eles, elas e de cómo é o mundo. O acollemento familiar supón unha nova convivencia, un novo espazo de intimidade e vida cotiá onde tamén xorden os medos e as pautas educativas recibidas ata entón. Unha nova etapa onde poden cambalear moitas estruturas que xa estaban moi asentadas.
O acollemento familiar tamén é un acollemento emocional que precisa dun vínculo afectivo que aporte a base de seguridade e confianza que precisa un neno ou nena para medrar. Cómo construír ese vínculo cando os nenos e nenas teñen tantos medos? Cómo entender a importancia do vinculo reparador do acollemento?
Prepararse e preparar os nenos e nenas para a volta coa súa familia, unha nova transición que ten que ser coidada e mimada como se merece.
A mirada da infancia non é a mesma que a da adolescencia e cada crianza “é ela e as súas circunstancias”. Cómo acompañal@s e apoial@s na elaboración da súa historia de vida?
Estás na viaxe do acollemento familiar? Compartes algunhas destas dúbidas ou situacións e queres sentirte escoitada, apoia e acompañada? Contacta con nós.