Unha rede de apoio de familias acolledoras
para ás familias acolledoras…
Grupos de apoio para as familias de acollida para atender ás preocupacións e as inquietudes cotiáns dende a proximidades e enriquecido polas experiencias persoais de cada un.
Acompañados por profesionais especializados no acollemento, que aportarán o grupo a súa visión e exercerán de moderadores ou dinamizadores.
¿Queres saber máis ou participar con nós?
E ademais… temos grupos de whatsapp específicos para nós!!!
Dende ACOUGO temos unha nova ferramenta para estar unid@s e informad@s…
Animámosvos a participar!!!
¿Qué ofrecemos?
Información – formación en materia de Acollemento Familiar e Protección de Menores, recursos técnicos, audiovisuais ; Documentais, películas, series, libros, contos… Xornadas, Noticias, Normativa… Compartir experiencias, coñecementos…
¿Cales son os grupos de whatsapp nos que podo participar?
- Rede de familias acolledoras, información xeral ( só poderemos enviar información dende a entidade, para non saturar o grupo)
- Grupo participativo: ¨Rede do acollemento familiar, provincia de Coruña¨
- Grupo participativo: ¨Rede do acollemento familiar, provincia de Lugo¨
- Grupo participativo: ¨Rede do acollemento familiar, provincia de Ourense¨
- Grupo participativo: ¨Rede do acollemento familiar, provincia de Pontevedra¨
- Grupo apoio protección de menores, A.F. participación técnica – Incidencia política.
E sen dúbida algunha, podedes suxerir a creación de outros grupos e que poidan ser de interese xeral.
¿Cómo teño que facer?
Con este formulario dáse consentimento expreso para pertencer ao grupo/s de Whatsapp da Asociación Galega de Familias de Acollida ACOUGO. Enlace ó formulario de inscrición:
¿Queres saber máis?
Se tes algunha dúbida ou precisas axuda, podes contactar ca asociación directamente no teléfono 622 672 188 ou ben enviarnos un correo a través da páxina de contacto.