iso-9001

Un curso en familia

Un curso en familia

“Unha oportunidade para reexperimentarse en familia, ter novos modelos de referencia e ampliar a súa rede de apoios”

 

Un curso en familia é…
unha OPORTUNIDADE para que a adolescencia que ten que vivir en centros de protección poda ter unha alternativa familiar.
unha EXPERIENCIA en convivencia con unha duración determinada polo curso escolar.
un RECURSO de apoio onde unha familia ponse á disposición dun/ha adolescente para apoialo/a e convertirse nun referente na súa vida.
 
Qué adolescentes participan nun curso en familia?
Xóvenes de entre 14 a 17 anos que adquiren un compromiso co seu itinerario formativo e que, voluntariamente, aceptan o apoio dunha familia e precisan de novos modelos de referencia na súa vida.
Quén pode ofrecerse para un curso en familia?
Persoas ou familias comprometidas coas necesidades da infancia e adolescencia do sistema de protección que queiran participar activamente en mellorar o seu futuro convertíndose en figuras de apoio e referencia.
  • Ter dispoñibilidade a participar no programa.
  • Ter estabilidade emocional, familiar e afectiva.
  • Contar con estabilidade económica e unha vivenda axeitada.
  • Ausencia de calqueira causa que incapacite para a participación no programa.
Qué teño que facer para participar nun curso en familia?
É un proceso de información, reflexión e toma de decisións acompañado en todo momento por profesionais especializados.
  • Información.
  • Formación de 12 horas.
  • Entrevistas.
  • Ofrecemento para participar no programa.
  • Banco de familias.
Qué teño que ter en conta?
A experiencia de “un curso en familia” iniciase no verán a través da preparación de encontros progresivos previos á convivencia có obxetivo de facilitar a vinculación e a integración familiar.
Durante o período de convivencia, o equipo profesional do centro de protección e o equipo especializado de Acougo, póñense a disposición do ou da adolescente e da familia para atender as súas necesidades e apoialas no que precisen cunha comunicación directa e coordinada.

Pulsa sobre as imaxes para ampliar.

Ir al contenido