XAN 212026 |
18:00h Lugar: Espazo infantil da solaina (Concello de Barbadás) |

O día 21 de xaneiro ás 18:00h, ACOUGO —Asociación Galega de Familias de Acollida— convídate a participar nunha charla informativa no espazo infantil da solaina, centrada no sistema de protección e a importancia de tratar de garantir os dereitos da infancia, vendo o acollemento familiar como ferramenta clave para garantir o benestar de nenos, nenas e adolescentes que non poden vivir coas súas familias de orixe.
ACOUGO nace do compromiso dun grupo de familias que decidiron organizarse para defender os dereitos da infancia no sistema de protección. A súa labor céntrase en visibilizar a situación dos nenos, nenas e adolescentes, formar e acompañar ás familias acolledoras, e crear espazos de encontro e reflexión que fortalezcan o tecido social arredor do acollemento. Esta charla é unha oportunidade para coñecer de preto esta realidade, resolver dúbidas, compartir experiencias e, sobre todo, sumarte a unha causa que transforma vidas.
