Inquedanzas e dúbidas que suscita o sistema de protección de menores, términos que confunden ou desvirtúan a realidade.

Achegarnos a ésta, conleva un coñecemento, que non é doado de obter. A falta de datos, ou ás veces información incorrecta, non permite un entendemento global e axeitado nesta materia.

Os medios de comunicación, a propia Administración pública, a sociedade en xeral,moitas veces sen querer, usamos términoloxía que discrimina, desvirtúa e desfaoverece ás crianzas que se atopan no sistema de protección. Confundindo moitas veces a estes nenos, nenas e adolescentes con xovenes con outro tipo de problemáticas.

Para poder falar con propiedade debemos formarnos, coñecer en profundidade todo o relativo ao Sistema de Protección de Menores. Clave para poder xerar conciencia de Acollemento .
En conclusión: A formación específica para profesionais, futuros profesionais, familias, ou calqueira persoa interesada, é unha liña de actuación que desexamos poñer en marcha na nosa entidade.

Este sitio web usa cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, pinche no enlace para máis información.

ACEPTAR
Aviso de cookies
Ir al contenido