ABR 112026 |
Sáb 10:30h ONLINE |

“Plan simultáneo de dobre propósito”
Acolle pase o que pase!
Acougo, da man de ASEAF, vai por en marcha en Galicia un proxecto piloto innovador financiado pola Unión Europea, que xurde para ofrecer unha estabilidade nunha contorna familiar a todos os nenos e nenas de 0 a 6 anos que viven en centros residenciais.
Queremos evitar a institucionalización a edades temperás e o impacto negativo dos tránsitos e as rúpturas de vínculos afectivos que danan sensiblemente o desenvolvemento emocional dos nenos e nenas na primeira etapa da vida, poñéndoos no foco, coidando aos distintos axentes que os rodean e procurando un soporte familiar estable.
Desde o principio da intervención traballarase de forma simultánea en dous procesos, a recuperación da familia de orixe para a reunificación e o acompañamento e preparación do entorno familiar de acollida para a permanencia da convivencia, se a reunificación non fora posible.
É decir; as persoas que se inscriben neste programa acollen pase o que pase finalmente, e se o retorno non é posible, a estabilidade se asegurará mantendo ao neno ou nena na mesma familia acolledora , mediante a fórmula xurídica que a administración determine, que poderá ser acollemento permanente ou adopción aberta.
A idea central é que os nenos e nenas non teñan que cambiar de familia e que sexa a fórmula xurídica a que se adapte convenientemente.
