DEC 042025 |
17:00h Lugar: Rúa Padrón nº2, Santiago de Compostela |

Xuntanza en familia – Santiago de Compostela
O vindeiro 04 de decembro en Santiago de Compostela teremos un espazo de encontro e reflexión con familias e con persoas interesadas no acollimento familiar.
Un lugar para compartir experiencias, escoitarnos, aprender xuntas e seguir construíndo comunidade arredor do coidado e da protección da infancia.
Se che interesa o acollimento, se estás valorándoo ou se simplemente queres coñecer máis… este espazo é para ti.
Datas:
04/12/2025 – Rúa Padrón nº2, Santiago de Compostela
