DEC

19

2020

Todo o día


O pasado 19 de decembro celebramos con éxito de participación a Asemblea anual de familias asociadas de ACOUGO.

A pesar das circunstancias de sobra coñecidas por todas as persoas, e cun novo formato mixto de participación presencial e en liña, fixemos a nosa reunión anual como familias asociadas e implicadas na materia que nos ocupa.

A reunión foi moi participativa e animada. Aprobáronse os puntos do día establecidos, e propuxéronse melloras para o funcionamento da entidade de cara ao 2021. Só podemos dar as grazas a todas as persoas que participaron, ou que non pudendo participar, están ao corrente de todas as actividades e actuacións de ACOUGO.

Graciñas!!!