SET 012021 |
De setembro a decembro de 2021 |
Dende a nosa misión de apoiar ás familias e ás crianzas en acollemento achegamos o mindfulness como unha actividade de balde grazas a Diputación de A Coruña en colaboración co centro ARUME e as nosas familias asociadas.
Qué é?
O acollemento familiar é unha experiencia intensa, xa sea pola novidade, a incertidume, e a adaptación á nova situación familiar ou ás necesidades concretas dos nosos nenos e nenas en acollida.
Para esta experiencia intensa, e grazas a colaboración dunha das nosas familias acolledoras experta neste tema, introducimos o mindfulness como unha estratexia para a toma de conciencia das emocións, sensacións e pensamentos derivados desta viaxe que todas as familias compartimos.
Cándo será?
A través de catro sesións de mindfulness conectaremos con nós mesm@s, co noso corpo, a nosa cabeza e o noso corazón, e aprenderemos as ferramentas para empregar sempre que sexa necesario.
Unha actividade compartida cos nenos e nenas da casa poñendo á vosa disposición en todo momento o equipo de Acougo para apoiarvos e acompañarvos nesta viaxe que é o acollemento familiar.
Ónde?
Os Concellos seleccionados para esta primeira posta en marcha son: Ames, Culleredo, Fene, Fisterra, Melide e Pobra do Caramiñal.
(A organización ou localización pode estar suxeito a algún cambio axeno a nosa vontade)
Nesta volta, a colaboración é coa Diputación Provincial da Coruña e todos os Concellos dispersos entre sí, para abarcar a maior poboación comarcal posible son desta provincia. Ainda que CALQUEIRA FAMILIA ACOLLEDORA asociada de ACOUGO, das Provincias de Lugo, Ourense, e Pontevedra. Poderían inscribirse na actividade no Concello que consideren.
Grupos reducidos e coas medidas de prevención, hixiene e promoción da saúde descritas polo Ministerio de Sanidade.
Queres saber máis ou inscribirte?
Chámanos sen compromiso ou cubre o formulario de inscripción e poñerémonos en contacto para solventar calqueira dúbida e presentarvos esta iniciativa innovadora.
Tfno:622672188
Mail de contacto : info@acougo.gal
link del formulario de inscripción:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeBHCbcqznb33dES0bUV_4Vsp4ZmZ8_cDhoWI_iQkF1yRqVfw/viewform?vc=0&c=0&w=1&flr=0