DIC 22021 |
Xov. 17:30 - 19:00 Organiza: Acougo e Concello de Sada Salón de Plenos |
SADA ACOLLERÁ UNHA CHARLA RELATIVA AÓ ACOLLEMENTO FAMILAR
O vindeiro xoves 2 de decembro, dentro dun convenio de colaboración asinado entre o Concello de Sada e a Asociación Galega de Familias de Acollida, ACOUGO, terá lugar a charla CONTIGO FLORECE, XERANDO CULTURA DE ACOLLEMENTO, coa intención de dar formación e difusión sobre o sistema de protección de menores e concretamente, das familias de acollida, polo que animamos a veciñanza a asistir para informarse sobre esta medida tan descoñecida.
Búscase achegarlle á sociedade a realidade das nenas, nenos e adolescentes en situación de desprotección e dar a coñecer o acollemento familiar, o coloquio está aberto a toda a cidadanía en xeral e transcorrerá no Salón de plenos do concello as 17:30 do xoves 2 de decembro.
Seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19, polo cal resulta preciso anotarse previamente a través do teléfono de contacto da asociación 622 672 188, enviando un correo a info@acougo.gal ou cumprimentando o formulario de inscrición.