MAR

19

2025

Mér 17:00
Lugar: Espazo Amizar. A Coruña
Organiza: ACOUGO, Facultade de Fisioterapia (UDC)


Charla informativa sobre fisioterapia e catarro común na infancia, dirixida a familias e persoas coidadoras interesadas en coñecer máis sobre como acompañar de forma eficaz os procesos respiratorios nos máis pequenos.

Durante esta primeira sesión, afondaremos especialmente nas posibilidades terapéuticas para o manexo de nenos e nenas con infeccións respiratorios e catarro común.

A fisioterapia respiratoria pode ser unha aliada importante no benestar da infancia, e esta charla busca ofrecer recursos útiles, claros e accesibles para as familias.

Ir al contenido