ABR

12

2025

Sáb 11:00
Lugar: Sala multiusos do Centro Comarcal Pazo Santo Tomé. Mondoñedo
Organiza: ACOUGO


Grazas ao apoio da Consellería de Política Social e Igualdade, podemos seguir creando espazos de encontro como estas charlas café, pensadas para acompañar, dar soporte e buscar solucións reais ás necesidades das familias acolledoras e das nenas, nenos e adolescentes que forman parte do sistema de protección.

Nestes encontros falamos de temas que preocupan e interesan ás familias, compartimos experiencias e, sobre todo, escoitamos activamente para poder dar respostas útiles e adaptadas a cada realidade.

Ademais, aproveitamos para achegar información actualizada sobre os nosos programas e servizos, que evolucionan co obxectivo de dar resposta ás inquedanzas e retos que se presentan no día a día das familias.

Un espazo de confianza, acompañamento e coidado mutuo, onde crecer xuntos como comunidade.

Ir al contenido