Recibimos a Carmen Dourado, directora de Acougo, a Asociación Galega de Familias de Acollida, quen reivindica a necesidade de desestigmatizar e protexer aos nenos e nenas en situación de acollida, lembrando que eles non fixeron nada malo, senón que lles fixeron algo. Actualmente, en Galicia hai máis de 1.000 NNA en centros de acollida, incluídos nenos e nenas menores de tres anos en máis de 40 centros, a pesar de que a lexislación prohibe que a esas idades estean institucionalizados.
