A iniciativa da Asociación Estatal de Acollida Familiar (ASEAF), ‘Portas que abren historias’, que busca visibilizar e promover a acollida de menores tutelados en contornos familiares, chegou este martes a Santiago de Compostela da man da Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo).

Con máis dunha decena de portas e felpudos instalados na Alameda compostelá, a campaña, tal e como explicou a directora de Acougo, Carmen Dourado, busca visibilizar este programa co que nenos, nenas e adolescentes que se atopan no sistema de protección público e que non poden vivir coas súas familias poidan atopar unha de acollida durante o tempo que o necesiten. “Temos que coñecer esta realidade”, reivindicou a responsable de Acougo.

Ligazón 

Ir al contenido