Quero ser
familia acolledora

ACOUGO forma parte de ASEAF, a Asociación Española de Familias Acolledoras, que coordina programas de acollemento familiar en toda España.
Para garantir unha xestión segura e eficiente das solicitudes, o formulario para solicitar ser familia acolledora atópase na web de ASEAF Acogedoras.org. A través da seguinte ligazón podes cubrir os teus datos con total seguridade.
Animámoste a dar este paso e contribuír a ofrecer un fogar cheo de coidados a nenos e nenas que o precisan. Cada familia acolledora marca a diferenza na vida dun neno ou dunha nena.


