MAI

28

2026

Xov 12:30h
Lugar: Río Mao 2 - Bóveda. Lugo


Nas próximas semanas estaremos compartindo momentos moi especiais cos máis pequenos (e tamén cos maiores 😉), a través de historias que abren portas a conversas importantes.

Por unha banda, achegarémonos ao acollemento familiar da man dos Bolechas, para coñecer esta realidade tan necesaria e chea de vida.

E por outra, falaremos de corresponsabilidade: de como todas as persoas da casa podemos colaborar, coidar e formar equipo no día a día. Porque educar en igualdade tamén comeza nos pequenos xestos.

Serán espazos para escoitar, participar e sentir… porque os contos non só se len, tamén se viven

  • Biblioteca Bóveda Lugo- 28 de maio / 12:30h