XUÑ 192026 |
Ven 12:00h Lugar: CEIP Xosé Luís Taboada. Avenida de Lugo 7. Antas de Ulla |

Nas próximas semanas estaremos compartindo momentos moi especiais cos máis pequenos (e tamén cos maiores 😉), a través de historias que abren portas a conversas importantes.
Por unha banda, achegarémonos ao acollemento familiar da man dos Bolechas, para coñecer esta realidade tan necesaria e chea de vida.
E por outra, falaremos de corresponsabilidade: de como todas as persoas da casa podemos colaborar, coidar e formar equipo no día a día. Porque educar en igualdade tamén comeza nos pequenos xestos.
Serán espazos para escoitar, participar e sentir… porque os contos non só se len, tamén se viven.
