OUT

07

2026

Mér 17:30h
Lugar: Salón Pitusa Cabanillas, Casa da Calzada. Rúa da calzada 1, Cambados.


Queres saber como funciona o sistema de protección á infancia e adolescencia? Gustaríache coñecer que é o acollemento familiar e como podes axudar a que nenos, nenas e adolescentes medren nun contorno seguro e afectivo?

Agardámoste nunha charla informativa en Cambados para resolver dúbidas e compartir información sobre o acollemento familiar e o sistema de protección da infancia e adolescencia.