A Xunta de Galicia iniciouse os traballos para a elaboración da Lei galega de Infancia e Adolescencia e abriu a correspondente consulta pública previa co fin de recoller achegas e propostas da sociedade galega antes de redactar o anteproxecto de lei.
Esta consulta permite que a cidadanía, as familias, as entidades sociais, así como profesionais e outros axentes interesados, participen achegando experiencia, opinións e suxestións que axuden a definir un marco normativo que responda mellor ás necesidades reais da poboación infantil e xuvenil en Galicia.
A apertura desta consulta pública forma parte do proceso de traballo para desenvolver a futura lei, que pretende ofrecer un enfoque integral dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes e mellorar e actualizar os instrumentos de protección existentes.
Desde ACOUGO – Asociación Galega de Familias Acolledoras valoramos positivamente esta oportunidade de participación e animamos a todas as persoas e entidades vinculadas ao ámbito da infancia e adolescencia a presentar as súas achegas para construír unha norma máis inclusiva, eficaz e sensible ás realidades dos nenos, nenas e adolescentes e as súas familias.
