¿Qué é o acollemento familiar?
O acollemento familiar é unha medida de protección que se aplica a aqueles nenos, nenas e adolescentes que, por distintas circunstancias, foron separados das súas familias biolóxicas durante un tempo, o non poder ser coidados por elas adecuadamente.
A Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección a infancia e a adolescencia modifica no seu artigo segundo o Código Civil recollendo no artigo 172 a prioridade do acollemento familiar respecto ó residencial.
O acollemento significa outorgala garda do menor a unha persoa ou familia que asume as obrigacións que leva dita figura, segundo o artigo 173 de Código Civil “O acollemento familiar produce a plena participación do menor na vida de familia e impón a quen o recibe as obrigacións de velar por el, telo na súa compañía, alimentalo, educalo e procurarlle unha formación integral nun entorno afectivo. No caso de menor con discapacidade, deberá continuar cos apoios especializados que viñera recibindo ou adoptar outros mais acordes as súas necesidades.”